Tres medallas para o Flic Flac en Maia

Imprimir

20150311 flic flacO Club Flic Flac logrou brillantes resultados na XIX edición do Maia Internacional Acro Cup, unha competición que se disputou en Portugal á que asistiron 254 deportistas de 16 países. O equipo vigués presentou 17 ximnastas e logrou tres medllas.

Alexandre Sierra e Uxía Verísimo conquistaron o ouro na categoría cadete de parellas mixtas despois de protagonizar un intenso do coa parella de Israel. Luiz Amaral e Andrea Verísimo conseguiron a medalla de prata en xuvenís. Non lograron o ouro por escasas dúas centésimas ante os actuais subcampions do mundo.

Tamén a categoría cadete, Javier Novo e Patricia Lourido foron terceiros, o que completou unha boa actuación do Flic Flac nunha das competicións máis prestixiosas do mundo polo elevado nivel dos participantes. O equipo vigués logrou o sexto posto na clasificación final por clubs.

Gemma Cabaleiro, Belén Gómez, Iria Paz, Paula Lago, María Fernández, Candea Monterde, Alexandra González e Olivia Bernardo foron os outros compoñentes do equipo que se desprazaron ata Maia. Varios deles quedaron preto de estar presentes nas roldas finais.

O Flic Flac comezou a tempada de xeito moi intenso. Despois de tomar parte na Copa de España, que se celebrou en Marín e onde logrou bos resultados, viaxou ata Maia, onde se atopa un dos mellores centros de ximnasia acrobática do mundo. O club vigués mantén moi boa relación deportiva co club portugués.