Cabecera Vide

O Campionato Galego de patinaxe artística celebrarase este sábado no Carme

O Carpa Grupo Viqueira organiza no pavillón do Carme, no complexo deportivo das Travesas, o Galego de categoría cadete a senior (sábado 23), cuxos adestramentos comezarán ás 10:00 horas para dar paso á competición ás 10:50. O evento, patrocinado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, recibirá a uns corenta deportistas en idade cadete, xuvenil, junior e senior de catorce clubs de toda Galicia.