Primeira posición para o Carpa na Copa Galega de Grupos Show

Imprimir

20140418 carpaO pasado sábado tivo lugar a 13ª edición da Copa Galega de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Ourela,  que tivo lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, onde o CARPA-VIQUEIRA obtivo a 1º posición en todas as modalidades nas que participou, show grandes, pequeno e cuartetos.

O club vigués pon así un broche de ouro á actual tempada, que comezou conseguindo no campionato GALEGO DE SHOW, a 1º posición en Show grande e a 2º posicion en Show pequeno e Cuartetos, e posteriormente, no CAMPIONATO DE ESPAÑA, unha moi merecida e pelexada 6º posición en Show grande, 10º en Show pequeno.

Clasificación da Copa Galega:

Grupo Show Grande:
1. -CARPA-VIQUEIRA con "Inseparables"
2. -Anfora con "Eu e solo eu"
3. -Valladares con "Estados de Ánimo"

Grupo Show Pequeno:
1. -CARPA-VIQUEIRA con "Ondas do Mar de Vigo"
2. -Valadares con "Conta atrás"
3. -C.D.Fontiñas con "Construíndo"

Cuartetos:
1. -CARPA-VIQUEIRA con "Cuarteto de cordas"
2. -Anfora con "Recuerdame"
3. -Patin Axel Arteixo con "Samba di Janeiro"

Grupos Xuvenís:
1. -C.P. Gondomar con "Cousa de dous"
2. -Patin Porriño con "Subrayame"
3. -C.D. Fontiñas con "Rara"