Cabecera Vide

Boa actuación do Carpa no nacional xuvenil en Covelo

carpaA pasada fin de semana tivo lugar en Covelo, organizado polo Covelo P.A, o XXII Campionato de España na categoría de xuvenil de patinaxe artística.

A Federación Galega estivo representada polos seguintes patinadores: Laura Rolán, do C.A.R.P.A.-Viqueira, que rematou na 14ª posición, Miriam Pérez do Club Gondomar (6ª), Candea Alonso do Club Covelo (8ª), Alba Franco do Club Gondomar (22ª), Marta Pérez do Club Castrelos (23ª) e Lía Gómez do Club Compostela (26ª) e a parella de danza formada por Irene Fernández e David Saído do A.D. Liceo que remataron na 4ª.

Ao mesmo tempo, o próximo sábado 12 de xullo, terá lugar o Campionato Galego das categorías de Benxamín a Infantil, organizado polo Club Compostela, no cal o CARPA, estará representado por Pablo Fernández e Laura Bouzo na categoría infantil.