O CARPA-Grupo Viqueira consegue dous podios no XIII Campionato Galego de Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas, celebrado a pasada fin de semana no Pavillón deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela. Os/as vigueses/as foron campións en grupos grandes e terceiros en grupos pequenos.
Co espectáculo "Alta Traizón" participaron na categoría de grupos grandes e con "Soio foi un soño" na de pequenos.
Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo felicita aos/ás compoñentes do club vigués pola súa dedicación e éxitos dentro da patinaxe artística.