O Maniotas amosou as súas cualidades na gala de bolsas VIDE, no Centro Social Novacaixagalicia

Imprimir
4maniotas4A entrega de bolsas VIDE celebrada o xoves no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia contou coa actuación do Maniotas, club de ximnasia vigués e nomeadao en marzo "Vigués Distinguido" polo Concello.

Fundado hai 25 anos, o Maniotas foi o elixido por Vide para dar unha cor especial ao acto. En 2008, un ximnasta do Flic Flac encantou ao público, que se atopou un ano despois cunha exhibición de esgrima por parte do Olivo. En 2010, a actuación correu a cargo do Ximnasio Tao (taekwondo de exhibición) e esta vez sete ximnastas do Maniotas (agujetas)en castelán) voaron sobre o escenario.

A mediados de maio (do 12 ao 15), o club enfróntase a un gran reto: organiza a Copa do Mundo senior, o Mundial junior e a Copa de Europa universitaria de ximnasia estética no pavillón das Travesas. Adestradas por María García-Trío, participaron na exhibición de onte Carmen, Xeila, Andrea, Alba, Silvia, Sara e Marta, que en maio competirán na Copa do Mundo.