O vigués Omar Vila, ouro e bronce no TTR Internacional sub-15 de Asturias

Imprimir

rachaplumas feb 16O xogador do CB Rachaplumas, Omar Vila, logrou un ouro e un bronce no TTR Internacional sub-15 de Asturias celebrado no Pavillón Yago Lamela e Pavillón Municipal Corredoira Arena de Oviedo, a pasada fin de semana. Bo campionato do deportista vigués que logrou o título na modalidade de dobres xunto ao xogador asturiano Sergio Álvarez e o terceiro posto en individual.

Na competición individual, Omar tivo unha boa participación ao lograr tres vitorias e sucumbir na semifinal ante o xogador portugués Rodrigo Almeida.

Na modalidade de dobres, xunto ao xogador ovetense do CB Oviedo, Sergio Álvarez, lograron o título cun bo torneo é a súa primeira participación como parella. Obtiveron un total de cinco vitorias superando a todos os seus rivais.

Manel Fernández, como máximo responsable do Deporte vigués, mostrouse satisfeito con este novo triunfo do novo deportista, que confirma a súa traxectoria ascendente.