Unha prata e tres bronces para o Rachaplumas no Nacional de As Neves

Imprimir

rachaplumas xan 16A pasada fin de semana o CB Rachaplumas tomou parte no Master Nacional sub-13 e sub-17 de bádminton celebrado na localidade pontevedresa de As Neves cun total de 7 deportistas. Os xogadores vigueses lograron unha prata a cargo do dobres masculino sub-13 con Javier Alava e Boris Bunimov (CB Los Sauces), e tres bronces con Javier Alava en individual masculino sub-13, Omar Vila en individual masculino sub-17 e Alberto Méndez/David Torres en dobres masculino sub-17.

En individual masculino sub-13 o bronce de Javier Alava sabe a pouco xa que en semifinal a punto estivo de dobregar o xogador coruñés Carlos Fernández co que perdeu por 22-20 e 21-19. Outro bo resultado conseguiuno Hugo Domínguez que perdeu en cuartos con Javier.

En dobres masculino sub-13 foi onde se obtivo en mellor resultado coa prata para Javier Alava xunto ao xogador do CB Los Sauces que gañaron dous dos seus tres partidos.

En individual masculino sub-17 bo campionato do xogador Omar Vila (aínda sub-15) que alcanzou as semifinais para sucumbir ante o campión o xogador catalán Armand Rodríguez por 21-10 e 21-9. Antes xa obtivera 4 vitorias ante xogadores de categoría sub-17 en ¼ de final gañou ao seu compañeiro Alberto Méndez por un axustado 22-20, 12-21 e 21-17. Alberto tamén callo un bo campionato.

En dobres masculino sub-17, Alberto Méndez e David Torres lograban o bronce tras perder en semifinais antes Julián Fernández/Marcos Revilla del Club Ordoño II León por 21-19 e 21-9.

O próximo domingo día 24 celebrásese en Pontevedra unha nova proba do Circuíto Babolat-Deportes Carlos Miguel.