O Cios Vigo Pelucas FS segue facendo historia

Imprimir

pelucas alevinCinco (prebenxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) de seis categorías posibles do Club Cios Vigo Pelucas FS disputarán esta tempada o campionato galego de fútbol sala nas categorías bases, un luxo para o noso modesto club.

O equipo infantil B e cadete B tras quedar campións provinciais disputaron o domingo en Verín o campionato galego.

O infantil B, representando a Pontevedra, xogaba o campionato co campión de Ourense a EDM Celanova, mentres que a outra semifinal xogaba o Compañía María de Santiago e o Guitiriz de Lugo.

No primeiro partido disputado as 10:30 h. no pavillón municipal enfrontábanse ao campión de Ourense a EDM do Celanova onde o rematar a primeira metade os vigueses gañaban xa por un resultado de 3-0. No inicio da segunda metade o Celanova salíu forte e os poucos minutos púxose con 3-1, tamén froito pola relaxación un pouco do equipo vigués, pero rapidamente puxéronse as pilas para rematar o encontro con un contundente 5-1 que lle daba o pase para xogar a gran final. Na outra semifinal o Compañía María gañaba tamén folgado o Guitiriz. As 17 h tivo lugar a gran final, no mesmo pavillón, onde o adversario do Cios tiña rapaces moi altos e moi corpulentos, partido de tira e afrouxa entre ámbolos dous equipos onde os de Vigo conseguiron chegar ao final da primeira metade con un resultado de 1-0 con un grandísimo gol que dun gran disparo desde fora da area entrou por tada a escuadra onde o porteiro rival non podía facer nada para evitalo. Na segunda metade o santiagueses apertaron moi forte onde puido marcar calquera dos dous equipos chegando ao asubío final coa vitoria de 1-0, proclamándose o Cios Vigo campión do ascenso autonómico na categoría infantil.

O cadete B representando a Pontevedra xogaba o campionato co campión da Ourense a EDM Celanova, mentres que a outra semifinal xogaba o Ex-Alcoholicos da Coruña e a A.D.C. Lumieira de Lugo.

Xogaban a mesma hora que o infantil, ás 10:30 h. pero no pavillón de A Granxa enfrontándose ao campión de Ourense a EDM do Celanova onde o rematar a primeira metade e despois da expulsión rigorosa por dous cartóns amarelos seguidos do mellor xogador vigués, chegaron ao descanso con un resultado de 0-4 para o equipo rival. Os nosos rapaces saíron concenciados que si se podía remontar o partido, pero un gran rival non nos deu en ningún momento a oportunidade de meterse no encontro chegando o final do encontro cunha vitoria do Celanova por 2-5. Na outra semifinal o Lumieira gañaba a Ex-Alcoholicos despois dun polémico partido. Ás 18:30 tivo lugar a final no pavillón Municipal entro os equipos da A.D.C. Lumieira e EDM de Celanova onde o Lumieira proclamouse campión con un resultado de 3-1.

O prebenxamín D xogaba tamén o domingo as 10:00 h. no pavillón de Coia a final da liga prebenxamín contra o colexio Martín Codax, o gañador do encontro daríalle o pase para xogar o campionato galego e así foi, estes meniños pero grandes rapaces conseguiron gañar por 3-0 que lle dou o pase para xogar tamén o campionato galego.

O xuvenil B representado a Pontevedra xogaba tamén en Mondariz as semifinais do campionato galego este sábado conta o Colexio Compañía María de Santiago, o partido so tivo un claro gañador pero a mala sorte fixo que solo se chegara o remate do partido con un resultado final de 1-1, o vindeiro sábado xogarase o partido de volta en Santiago.

O infantil A xogará o domingo en Lugo a copa Xunta cos catro mellores equipos da liga galega como son, o campión da liga O Parrulo de Ferrol, o subcampión, o Cios Vigo Pelucas FS, o terceiro clasificado, o Santiago Futsal e o carto que e o Lugo Sala.

O Xuvenil A está tamén xogando a copa Xunta onde esperan chegar a fase final que se disputará o vindeiro 18/06 xogando as semifinais e final no pavillón Municipal de Betanzos (Coruña).

Destacar este fin de semana as vitorias na copa local onde o prebenxamín D que gañou 1-3 a Maristas, o alevín, gañando 4-3 a Salesianos, infantil C gañando 5-4 a SJG Niño Jesús, infantil B gañou 5-1 ao colexio Los Sauces e o cadete B gañou 6-0 a Maristas, por pase directo por retirarse o equipo rival.