Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel

Taekwondo/Forum FISU

KICS Ciudad de Vigo ante a súa última oportunidade PDF Imprimir Correo-e
11/03/2010

KICS Ciudad de Vigo Básquet recibe a Servindustria Tarragona 2017 no que resulta a súa última oportunidade de salvación.

Nova xornada da Liga ADECCO OURO e última oportunidade para o KICS Ciudad de Vigo de lograr unha vitoria que supoña o cravo ardendo ao que aferrarse neste sprint final da competición.
 
O rival é o Servindustria Tarragona 2017, que figura na penúltima posición da competición, separado dos vigueses por catro partidos. Recuperar o average particular (77-65 no encontro de ida) é a única alternativa que ten o conxunto vigués para seguir crendo no milagre.

En fronte, o conxunto tarraconense pelexará por enterrar definitivamente as aspiracións viguesas, tratando de escapar mesmo dos postos de play-out. Os cataláns chegan a Vigo pletóricos de moral tras lograr dúas vitorias consecutivas, a última ante Ford Burgos (cuarto clasificado).

Venres, 12 de Marzo de 2.010 (21:00)
Instituto Municipal dos Deportes Vigo
Encontro retransmitido por FEB.TV en directo
Encontro retransmitido en diferido por Localia Vigo (23:30 horas)

A SÚA TRAXECTORIA

Club fundado en 1978, os seus maiores logros chegaron no quinquenio 2002-2007, onde disputou durante cinco tempadas consecutivas a LEB OURO. En dúas ocasións chegou a disputar os playoffs de ascenso á ACB, pero caeu en ambas as dúas ocasións en cuartos de final ante Menorca e CAI Zaragoza, equipos actuais da ACB.

A tempada pasada rematou en terceira posición na Liga Adecco LEB PRATA, perdendo na Final a Cuatro de Fuenlabrada no último asalto ante o CB Cornellá, que sería que ascendese pola vía directa. Sería o primeiro dos equipos en confirmar a súa presenza en OURO por convite, como Ourense e o propio KICS Ciudad de Vigo.

O EQUIPO

O conxunto catalán non escatimou en reforzar o equipo ao longo da tempada. En Decembro fichaba ao basee Xabi Mendiburu (exACB con Estudantes) e hai tres xornadas facíase con Matt Kiefer, procedente do Cai Zaragoza e do noruegués Oglesby, procedente do basket italiano. As altas supuxeron os cortes de Tarick Johnson, que alcanzaba 12.5 puntos e 3.8 rebotes, e Xavi López, rumbo a Hospitalet (LEB Prata).

Nas filas tarraconenses xoga o ex xogador do Ciudad de Vigo Básquet Dani Rodríguez. O base dirixiu aos olívicos na tempada 2006-07.

Adam Hess é o máximo anotador do equipo, cunha media de 14.7 puntos. Jamel Seawrigth é o máximo reboteador con 7.3 capturas.

CORPO TECNICO

Juan Pablo Márquez adestra ao conxunto de Tarragona, do que veu procedente de Plasencia.  Anteriormente adestrara os equipos de Badajoz e Qalat na liga EBA, e exerceu de adestrador asistente en Cáceres cando estes xogaban a LEB. Adestrou tamén en Liga Feminina 2 ao Feminino Cáceres. É a súa segunda tempada en filas tarraconenses.

ANTECEDENTES

Na tempada 2008/09 na Liga LEB PRATA enfrontáronse ambos os dous conxuntos. Na 8º xornada, o Ciudad de Vigo Básquet recibiu ao CBT con vitoria local por 84 a 72. No partido de volta, o CBT venceu por 99 a 70, recuperando o basketaverage.

No encontro de ida, o CB Tarragona 2017 venceu por 77 a 65.