Xa están dispoñibles todas as fotografías -máis de douscentas- da III Edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol base. Durante cinco xornadas desenrolouse a edición con maior participación da súa curta historia, cerca de 1.800 xogadores de 151 equipos, pese as malas condicións meteorolóxicas que non desluciron o excelente ambente deportivo e futbolístico que viviuse nos mellores campos da cidade.

 

trofeos nadal2015 4Un gol a minuto e medio do final dun partido trabado, choiva intensa, outro encontro que necesitou dos penaltis para que os equipos puidesen marcar e romper as táboas, un aguacero, cheo ata a bandeira na grada do Pahíño, máis auga... A terceira edición do Torneo de Nadal de fútbol base, patrocinada polo Concello de Vigo, pechou as súas portas ata dentro dun ano coa maior participación da súa curta historia (uns 1.800 xogadores e 151 equipos) e emoción por milleiros.

 

Finalizado o Torneo de Nadal Concello de Vigo, estes son os resultados finais:

 

torneo nadal 4.1.16O Coruxo revalidou o seu título de 2014 na final da categoría infantil disputada no Municipal Pahíño de Navia esta mañá. Nun partido moi disputado fronte ao Areosa, un rival que tamén chegaba sen coñecer a derrota, o Coruxo sacou rédito na última xogada a balón parado a pouco máis dun minuto para o final do encontro.

 

tnadal2015 43Dende as 10 horas de hoxe estanse a xogar tanto as finais de consolación como as finais polo título das catro categorías que compoñen o Torneo de Nadal Concello de Vigo. Ao igual que onte, o fútbol de base ten que loitar contra as condicións meteorolóxicas, o que lle dá un plus de emoción.