20150511 bolsas VIDEVinte e catro deportistas sub 23 recibiron onte, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha subvención da Fundación Vigo en Deporte polos seus éxitos deportivos na tempada 2014/15.

 

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, anunciou onte a apertura do prazo para participar na convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade individual, que se estenderá entre o 16 e o 31 de marzo. Son 20.000 euros que se repartirán en achegas de 1.000 euros.

 

Becas 2014Vinte e oito deportistas recibiron hoxe, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha subvención polos seus éxitos deportivos na tempada 2013/14. O Concello, representado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Fundación Vigo en Deporte, representada polo seu presidente e edil de Deportes, Manel Fernández, e por María José Táboas (PSA Peugeot Citroën) como membro do padroado de VIDE, xunto con Pedro Costa, xerente de "Faro de Vigo", empresa patrocinadora de VIDE, fixeron entrega dos cheques a deportistas vigueses sub 23, unha idea novidosa que recibiu numerosas solicitudes.

 
bolsas2011A Fundación Vigo en Deporte deu a coñecer nunha gala este xoves os seus deportistas bolseiros e bolseiras polos resultados e traxectoria de 2010.

 

presentacionbolsasvideXabier Alonso, presidente da Fundación Vigo en Deporte, presentou  a novena convocatoria das bolsas VIDE para deportistas individuais, que estará aberta do 1 ao 28 de febreiro.