Colaboradores
Taekwondo/Forum FISU
| Duascentas ilusións cada ano no campus |
|
|
|
|
XI Campus VIDE: do 5 ao 9 de xullo do 2010. O campus polideportivo é unha iniciativa do Concello que a Concellaría de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes puxeron en marcha no ano 2000 e que unha vez creada a Fundación VIDE se encomendou a súa organización a esta conxuntamente co IMD. En esta actividade, desenvolvida no complexo deportivo de As Travesas, a busca que os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos gocen dun bo número de deportes de sala, impartidos por técnicos dos principais clubs da cidade, pero tamén que convivan durante oito horas diarias e aprendan os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, supón para moitos dos participantes un bautismo de mar e a posibilidade de coñecer a praia máis bonita do mundo, segundo a definiu o diario británico "The Guardian" en 2007.
|




































