Cabecera Vide

O premio ao Caribe, de VIDE e Viaxes Zonda, pasa ao segundo suplente, o 25.385 vendido polo Amfiv

Sorteo Viaxes Zonda 16.01.16 boletoDous meses despois do sorteo da viaxe á República Dominicana para dúas persoas, idea de VIDE e patrocinada por Viaxes Zonda, e tras non aparecer o boleto gañador, o 13.145 vendido polo Cios Vigo, nin o primeiro suplente, o 13.145, vendido polo Moledo FC, e seguindo as bases do sorteo, o premio pasa ao segundo suplente que corresponde ao número 25.385, vendido polo CD Amfiv. Con esta iniciativa do presidente de VIDE, Manel Fernández, os clubs conseguiron sumar algo más de 23.000 €.

E unha decena das entidades deportivas captaron entre 1.000 e 1.500 euros. Magnífica noticia para o deporte de base.

O sorteo tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas, en presenza de directivos do Amfiv, o edil de deportes e a directora de Viaxes Zonda, Alice Martínez, no tempo de lecer do partido Amfiv-Bilbao BSR da División de Honra de baloncesto adaptado.

O Concelleiro de Deportes mostrouse "moi satisfeito" por esta nova acción e polo "apoio dunha sinatura privada sensible co deporte da cidade".

Base sorteo Viaxe Rep Dominicana 2016