Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

manzanares celtaA planificación da tempada 16/17 para Celta Zorka dá os seus primeiros pasos. Ylenia Manzanares (Logroño, 1983) continuará vestindo de celeste tras o acordo alcanzado entre club e xogadora. Deste xeito, prolóngase unha relación que comezou en xaneiro deste ano cando a rioxana se incorporou ao equipo no inicio da segunda volta, alcanzando 11.1 puntos e 12.2 rebotes.

 

Campeonas MInibasketPor primeira vez na historia do club, os equipos alevín e benxamín do Academia Celta conseguiron de xeito simultáneo o título de campión galego tras a disputa das fases finais en A Estrada, durante a pasada fin de semana. Partidos de máxima tensión e competitividade mostraron o mellor das vinte e dúas xogadoras cun ambiente excelente.

 

celta juniorO Celta Feminino perdeu onte fronte ao CB Conquero (62-68) e quedou eliminado do Campionato de España júnior no terceiro e último encontro da fase de grupos. As igualdade foi a tónica de todo o partido pero a un minuto e sete segundos para o final, Conquero gañaba por un punto e as faltas persoais castigaron ás celestes, logrando as andaluzas seis puntos dende a liña de tiros libres.

 

celta manel caballeroO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitaron onte a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño.

 

celta bosco roldaAs dependencias da Fundación Vigo en Deporte foron onte o escenario da presentación da nova xunta directiva do RC. Celta Bosco e que rexerá os destinos do club, tras o falecemento de Paco Araujo. Carlos Álvarez manterase na presidencia do club con Jesús López como vicepresidente. Súmanse ao grupo de traballo os directivos Manuel Fernández, Pablo Campos e Pedro Prezado, á espera dalgunha incorporación máis nas próximas datas.

 

celta cadeteA falta dunha xornada para o remate da liga regular, o Celta Feminino proclamouse campión autonómico cadete tras a súa vitoria ante Cortegada (68-36). Deste xeito consegue tamén a súa clasificación directa para o Campionato de España da categoría que se disputará en Zaragoza do 22 ao 28 de maio. 

 

olivo tituloTáboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.

 

vigorugbyImportante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.

 

amfivO Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.

 

lavadores seisO Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.

 

halcones 2016Os Halcones de Vigo debutaron con vitoria na Primeira División da Liga Nacional de béisbol ante o Cambre, grazas ao grande labor en conxunto. Destacou a picher estrela pola parte viguesa, Maher Guevara, que co seu dominio sacou o partido adiante. Ata chegar á oitava entrada cun resultado a favor dos locáis de 7 a 5. A partir deste momento o adestrador vigués decidiu dar a oportunidade e facer debutar ao canterano Raul Bugallo nesta competición, como picher cerrador do encontro disputado.

 

carlos celtaTras o repentino falecemento do presidente do Celta de Baloncesto, Paco Araujo, acontecido a pasada semana, Carlos Álvarez Pácios, anterior vicepresidente, ocupará a presidencia do club de xeito transitorio e ata o final da presente tempada, sendo acompañado na xestión da entidade por Jesús López Rodríguez.

 

celta badajozDifícil compromiso o do Celta Zorka no primeiro encontro tras o falecemento de Paco Araújo e as súas xogadoras non fallaron dedicándolle a súa gran vitoria ao seu presidente, nun encontro cheo de emotividade onde non faltou a presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes Manel Fernández. O club vigués pediu o seu aprazamento ao Badajoz pero ante a negativa deste, aproveitaron o encontro para renderlle unha merecida homenaxe a Araújo. O resultado foi de 73-54 e as celestes sumaron uns puntos que lle deron a permanencia matemática na categoría.

 

Paco AraujoLoito no deporte de ‪ ‎Vigo‬ polo pasamento de Paco Araújo, presidente do Club Deportivo ‪‎Bosco‬ de baloncesto feminino. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, desexa manifestar a súa condolencia á familia de Araújo e aos dirixentes, cadro técnico e xogadoras do club vigués.

 

celta zorkaImportante vitoria a conseguida onte polo Academia Octavio ante o BM La Roca (28-27) nos últimos segundos do partido, que lle permite respirar un pouco máis tranquilo. Méndez, con seis tantos, foi o máximo anotador dos de Jabato que se aferran á categoría acurtando distancia para a salvación. Esta semana adiantan a súa cita liguera ao xoves, na cancha do Juanfersa Gijón.

 

amfiv O Amfiv deixa encarrilada a súa permanencia no último cuarto en Badalona (52-57), o conxunto de César Iglesias tivo que esperar ata os dez últimos minutos para distanciarse no marcador ante un pelón Joventut e conseguir así o seu segundo triunfo a domicilio nesta Fase pola Permanencia, unha vitoria que supón un paso case decisivo para a continuidade dos vigueses na División de Honra a próxima campaña aínda que terán que confirmala nos dous encontros a disputar no Pavillón Pablo Beiro.

 

vigorc 01Tras once derrotas consecutivas, o Academia Octavio venceu na pista central das Travesas ao Amenabar Zarautz (31-23), rival directo para a permanencia, nun partido onde houbo igualdade na primeira metade e superioridade viguesa na segunda. Os de Jabato achéganse á zona de salvación. Este sábado enfróntanse na cancha do Viveiros Heron BM. Nava, outro rival directo.

 

mosteiro bembriveAmfiv, Celta Zorka, Bembrive e Olivo gañan, Octavio, Las Cinco Jotas, Magope e Vigo perden e o do Blusens Networks suspéndese no descanso cando arrasaban cun resultado de 34-0, é o balance da fin de semana para os equipos Siareiros de elite nos seus encontros ligueiros. 

 

loureiro celta zorkaO último partido disputado por Celta Zorka en Lugo significou un máximo rexistro anotador. Os 24 puntos de Cristina Loureiro supoñen a súa marca máis alta dende que viste a camiseta do primeiro equipo, debut producido con 17 anos na tempada 2011/2012, aínda en Liga Feminina 1. Chegada ao club en verán de 2008 con 14 anos, Loureiro completou o proceso de formación como xogadora vestida de celeste, sendo esta a súa oitava tempada en Vigo.

 

Seis do Nadal vs XiriaO Club Vigo Voleibol continúa coa súa boa sorte e venceu o sábado ao Playas de Médano (3-2) en Coia. Tras gañar ao Palencia a semana pasada, os de Suso Penedo e Yolanda Sienes gañaron en cinco sets. Esta fin de semana viaxarán ás Illas Baleares para enfrontarse ao CV Ca,n Ventura Palma.