Colaboradores

Logotipo Vigo Fútbol Sala
Vigo Fútbol Sala
Presidente:  Miguel Comesaña Fernández
Oficina:  Cm. do couto, 122 Coruxo 36331 Vigo
Telefono:  609717212
Email:  vigofs@vigofs.es

vigofsNova xornada na casa para o Talleres ABC Vigo Olivo FS tras dúas saídas consecutivas nas que os de Siso non se atoparon coa vitoria, se ben no último partido estiveron preto de dar a sorpresa na cancha dun dos primeiros clasificados, nesta xornada reciben a A Estrada FS, un dos poucos representantes da nosa provincia.

 

O talleres ABC Vigo-Olivo plantou cara ao equipo de Lugo terceiro clasificado e un dos candidatos ao título de liga, nunha grande segunda parte do equipo de Vigo, onde o resultado foi de tres a tres, resultado que non foi suficiente para traer algún punto a casa, debido a que o resultado na primeira parte foi de dous cero para o conxunto local.

 

vigofs santiagoDisputadísimo partido o que se xogou esta fin de semana no municipal de As Roteas, entre o Talleres ABC Vigo e o Santiago Futsal B, onde o equipo local mereceu máis, despois de ir gañando case todo o partido, con gol de Pablo Parra no minuto 7 da primeira parte, e gozando de numerosas oportunidades para ampliar esta renda, cosa que non sucedeu e faltando cinco minutos para o final o equipo visitante logra o empate a un e no minuto seguinte consegue o 1-2 que sería o resultado definitivo.

 

Importantísima vitoria para o Talleres ABC a conseguida o fin de semana no seu desprazamento a Burela, enfrontábanse dous dos equipos mais mozos da categoría e como xa ocorreu na primeira volta a vitoria foi para os vigueses.

 

talleres abcVitoria importantísima a conseguida polo equipo vigués este sábado no central de As Travesas ante o Vilalva FS de Lugo, na súa loita por conseguir canto antes a salvación no seu primeiro ano na terceira nacional. O encontro finalizou con vitoria do Talleres ABC Vigo por 5 goles a 3 e os goleadores do equipo vigués foros Pinilla, Parra, Samu cun gol e Modes con dous goles.

 

vigofsComeza a segunda volta do campionato ligueiro e que mellor xeito de empezala cunha vitoria fronte ao máis directo rival na táboa, así formúlase a fin de semana para o Talleres ABC, recibe ao Vilalba F.S. en As Travesas, nun partido que se podería destacar como dos mais importantes da tempada.

 

Segunda derrota da tempada a sufrida na tarde do domingo do Talleres ABC Vigo FS  fronte ao Tui Futsal (3-4), con esta derrota os vigueses estáncanse na zona media da táboa clasificatoria. O partido comezaba tranquilo, a circulación de balón non era moi rápida por ningún dos dous conxuntos, os tudenses ben plantados na cancha deixaban a iniciativa aos locais, estes un tanto lentos e espesos en ataque non eran capaces de facer dano se non era en tiros afastados ou en veloces aparicións individuais por banda.