Colaboradores

Logotipo Maniotas
Maniotas
Presidente:  Paula García Fernández
Oficina:  Avda de Galicia, 93, bloque 2, 1º E 36216 Vigo
Telefono:  620419806
Email:  mariagtsm@gmail.com

alcalde manel maniotasO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, clausurou onte as escolas deportivas 2015/16 de ximnasia rítmica do Maniotas, entidade que celebra agora o seu trixésimo aniversario e que conta con 200 nenas neste programa de formación.

 

maniotas abelBrillante, esa é a palabra que mellor define a sensación coa que o público, ximnastas, adestradores e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quedaron tras o Primeiro Trofeo Concello de Vigo Cuarto Torneo Club Maniotas. Torneo que albergou 500 participantes de 30 clubs de toda Galicia, asi como uns 1000 asistentes de público.

 

Manel ManiotasA ximnasia rítmica volve este sábado ao pavillón central das Travesas, baixo a organización do Maniotas. Serán dezanove clubs e colexios de toda Galicia os que participen neste evento que conta co patrocinio da Concellería de Deportes. O edil de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, firmou o pasado mércores un convenio para que a entidade viguesa non teña que abonar cantidade polo aluguer da instalación municipal, co fin de promover o deporte de formación.

 

medallaDisputar oito edicións do Campionato do Mundo de ximnasia estética, unha modalidade que comezou a competir ao máximo nivel no ano 2000 está ao alcance de moi poucos... pero si do Maniotas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, departiu hoxe coa responsable de área deportiva do Club Maniotas e dúas das ximnastas do equipo de estética, Laura González e Tamara Rodríguez Barbosa, aproveitando a presentación do Día da Rítmica en Alcaldía.

O rexedor non dubidou en loubar ao Maniotas polo seu traballo. "Acadar o terceiro posto con España é un logro da maior importancia para a cidade porque a pon no ámbito mundial desta disciplina", dixo Caballero diante dos medios de comunicación.

 

diaximnasiaO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, destacou a XV Festa Día da Rítmica, este domingo día 3 ás 10:00 horas nas Travesas, como "un dos eventos máis importantes" de peche oficial da tempada das escolas deportivas municipais.

Caballero lembrou que a xornada de exhibición está organizada polo Instituto Municipal de Deportes e o Club Maniotas, pertencente ademais ao programa Siareiros Club da Fundación VIDE.

Dende o 17 de maio, que se clausuraron as escolas de patinaxe coa participación de 1.954 patinadoras e patinadores, ata o vindeiro 10 de xuño, as escolas deportivas irán pondo punto final ao curso 2011/2012.

 
A ximnasia estética viguesa deu un novo paso nos Campionatos do Mundo, nos que o Maniotas é habitual dende 2005 polos seus resultados deportivos nos Nacionais.

O XIII Campionato do Mundo senior de ximnasia estética de grupo, que se celebrou esta pasada fin de semana no Pavillón Municipal de Deportes de Cartaxena (Murcia), colocou a España no podio por países, e a contribución do grupo da entidade viguesa, aínda que non se puido meter na fase final, á que accedían dez equipos, foi importante para conseguilo.

 

26.4.11presentacioncampionatomaniotasO Club Maniotas, nomeado Vigués Distinguido 2011, organizará no Pavillón Central das Travesas, do 12 ao 14 de maio, a segunda etapa da Copa do Mundo senior de ximnasia estética de grupos.

Pero tamén o Campionato do Mundo junior, a segunda etapa da Challenge Cup, proba tamén para grupos junior, e a EUSA Cup, é dicir, a Copa de Europa universitaria, que entra na súa quinta edición e que se celebra de xeito anual.

Aínda que hai equipos por concretar porque estes días están a disputar os seus campionatos nacionales, a organización ten xa preto de 400 preincricións e espera chega ao medio milleiro de participantes.

 
4maniotas4A entrega de bolsas VIDE celebrada o xoves no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia contou coa actuación do Maniotas, club de ximnasia vigués e nomeadao en marzo "Vigués Distinguido" polo Concello.

 
maniotasvarnaEspaña obtivo a cuarta praza no XI Campionato do Mundo de ximnasia estética, celebrado esta fin de semana no Palacio da Cultura e do Deporte de Varna (Bulgaria).

 

mundialO Club Maniotas de Vigo, fundado o ano 1986 (no 2011 cumprirá 25 anos), é unha entidade deportiva que comezou competindo en ximnasia rítmica individual e de conxuntos, tanto en nivel federado como escolar.

Xestor das escolas deportivas municipais da modalidade, da que se nutre a canteira do club, desde o ano 2005 incorporou á súa estrutura a ximnasia estética de grupo, aínda por potenciar en España (está organizada pola Asociación Española de Ximnasia Estética de Grupo, Aegeg, recoñecida internacionalmente en 2004) pero que deu ao club unha gran experiencia mundial en representación de España. E precisamente, do 10 ao 14 do vindeiro xuño, en Varna (Bulgaria) celebrarase a undécima edición do Campionato do Mundo desta disciplina organizada pola International Federation of Aesthetic Group Gymnastics (IFAGG), é dicir, a Federación Internacional de Ximnasia Estética de Grupos. O Maniotas enfrontarase a uns 26 equipos de trece países diferentes no que será o quinto Mundial consecutivo ao que a entidade deportiva local acode tras Tampere 2006, Salou 2007, Toronto 2008 e Moscova 2009.

 

Esta fin de semana o conxunto de XIMNASIA ESTÉTICA do Club Maniotas, que tantas alegrías a nivel internacional veunos dando participa no Campionato de España que se celebra en Girona.