Colaboradores

Logotipo Club Vigo Squash
Club Vigo Squash
Presidente:  Guadalupe Rodríguez
Oficina:  R. Casal de Arriba, 25 36205 Vigo
Telefono:  639 087 208
Email:  info@vigosquash.com

squash pontevedraOs pasados 14 e 15 de maio tivo lugar nas instalacións do Complexo Polideportivo Rías do Sur, en Pontevedra, o primeiro Open Xunta de squash da tempada cuns increibles resultados do club Vigo Squash. O gañador foi Miguel Mercé, do club vigués e top 5 nacional. Miguel, que conseguiu o seu terceiro torneo nacional en tres fins desemana consecutivos (gañou en Palencia e en Cantabria), dobregou na final a Adan lopez (tamén do Vigo Squash) por un tenteo de 3-1.

 

VigoSquash oporto1A pasada fin de semana celebrouse en Oporto o Torneo Internacional Copa Ibérica de squash onde participan os mellores juniors galegos e portuguese, nas instalacións do Club Pro Racket, inagurado o ano pasado e que consta de 7 pistas de squash). O Vigo Squash participou cunha vintena de xogadores sendo de longo como xa é norma habitual nos últimos anos o club con máis participantes e os resultados foron excepcionais.

 

manel vigosquashParabéns do presidente de VIDE, Manel Fernández, ao Club Vigo Squash polo brillante papel no Campionato de España sub-13 de bádminton, onde dous das súas raquetas, Sofía Rodríguez e Hugo Mon, lograron sendas medallas de bronce.

 

vigo squash Marta Dguez feb 16O Club Vigo Squash alzouse con tres medallas no Campionato de España sub-15 e sub-11, celebrado na localidade barcelonesa de Igualada a pasada fin de semana. Marta Domínguez, gañou a medalla de ouro na categoría sub-15, e Hugo Mon foi o campión na categoría sub-11. A medalla de bronce foi para Sofía Pérez, en categoría sub-15. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, mostrouse satisfeito con este bo comezo de campaña do Vigo Squash, que confirma o bo traballo que ven realizando a prol do deporte vigués.

 

squashO Club Vigo Squash sumó tres medallas de ouro, tres de prata e dous de bronce no Campionato Galego 11-15-19, que se celebrou en Balaídos a pasada fin de semana. Coa participación de 50 deportistas contou coa presenza das mellores raquetas a nivel nacional. En categoría sub 11 masculina, Breixo Miuños obtivo o terceiro posto. En sub 15 masculino, Andrés Vázquez foi terceiro. En sub 15 feminino houbo pleno do Vigo Squash, María Domínguez primeira, Sofía Pérez segunda e Icía Riveiro terceira.

 

squash copa manelRematou a Copa de España de squash nas pistas de Balaídos, con reparto de títulos entre comunidades (Galicia, Cataluña, Canarias, Murcia...). O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o deputado provincial, Santos Héctor, estiveron co presidente do Vigo Squash, Carlos Dafonte, no acto de peche da competición.

 

Miguel Vigo SquahMiguel Mercé, do Club Vigo Squash, gañou o Open de Palencia a pasada fin de semana, derrotando na final a Jorge Nebreda por un axustado 3-2 nunha hora e quince minutos. Este torneo está considerado como unha das probas máis prestixiosas da tempada.

 

O pasado sábado, nas pistas de Balaídos, con mais de corenta rapaces e rapazas, dos cales 26 eran do Vigosquash, celebrouse a primeira proba do Circuíto Borja Golán-Escuelas Deportivas Municipais, no que os deportistas do club vigués non só gañaron cuantitativamente, senón que obtiveron uns resultados excelentes.

 

icia riveiroFantástico de novo o resultado do Vigo Squash en Pontevedra, a pasada fin de semana, no campionato de españa sub 13 e sub 17 de squash . O club vigués pasa a ser o mais laureado de España con este resultado, a muchísima distancia de calquera outro club o que dá idea da importancia conseguida pola escola de squash do Vigosquash (dous campionatos e tres subcampionatos de españa neste ano 2015 en categorías junior).

 

En Gijón celebrouse o torneo absoluto de squash mais importante de Asturias, con participación das mellores raquetas do país, e o xogador do Vigosquash, Miguel Mercé, proclamouse brillantemente subcampión do torneo e consolídase así como top ten nacional.

 

Vigo SquashOs compoñentes do Vigo Squash lograron dúas medallas de prata e unha de bronce no Campionato de España sub-11 e sub-15, que se disputou en Valencia. Cío García Barceras e Marta Domínguez, perderon as súas respectivas finais, mentres Sofía Rodríguez conquistou un meritorio terceiro lugar. O conxunto vigués, estivo a representar por 12 deportistas, o club español con máis presenza no torneo.

 

cio_garciaA pasada semana, na cidade de Praga, o deportista vigués Cio García, do Club Vigosquash, participou no Campionato de Europa por equipos sub 15, sendo o xogador mais utilizado da selección nacional. Despois dun maratón de partidos, conseguiu colocar a España nunha excelente quinta praza gañando todos os partidos a Ucraína, Luxemburgo, Wales, Noruega e Bélxica.

 

squashA pasada fin de semana celebrouse, nas instalacións de Balaidos, o Open Xunta de squash con participacion de xogadores de toda Galicia e de Portugal. O campionato foi un éxito de participacion con máis de 60 xogadores e xogadoras moitos deles da escola do Vigosquash. O gañador final foi Adán López (Vigosquash) quen venceu a Manuel García (Santiago) por 3/0.

 

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do Club Sant Adreu en Barcelona o campionato de españa sub 13/17 de squash. A este evento acudían en representación do Vigosquash unha nutrida representación do club formada por Marta e María Domínguez, Sofía Pérez, Paula Franco, Icia Riveiro e Carla Cameselle, estas seis xogadoras acababan de participar no campionato galego copando as seis primeiras posicións.

 

vigosquash_marzo_2014A pasada fin de semana, nas instalacións do complexo polideportivo de Pontemuiños en Pontevedra, celebrouse o Campionato Galego de squash sub 13 e sub 17 cuns resultados excepcionais para o club Vigosquash. Marta Domínguez, adxudicouse brillantemente o campionato sub 13 e ao terceiro lugar do podium accedeu Sofía Pérez, que gañou o devandito posto a Paula Franco (tamén do Vigosquash).

 

vigo_squashNas instalacións do polideportivo La Luz de Tres Cantos, Madrid, celebrouse a pasada fin de semana o Campionato de España sub 11 e sub 15 de squash, con magníficos resultados dos representantes do Club Vigo Squash. En sub 15 masculino, o actual campión galego da categoría, Cio Garcia, conseguiu un 5º posto e Andrés Vázquez, o posto 12.

 

vigo_squashA pasada fin de semana, nas instalacións do Squash Santiago, celebrouse o Campionato Galego de squash sub 11/15 obtendo o Vigo Squash uns resultados excepcionais. Na categoría de sub 15 masculino, o gañador foi Cio García, que gañando todos os seus partidos incluída a final por tres cero conseguiu por segundo ano consecutivo o devandito campionato (solo ten 13 anos) e intentará referendalo en Madrid, dentro de dúas semanas, no nacional.

 

Os días 25 e 26 de outubro, terá lugar a Copa de España Sub 11, Sub 15 e Sub 19 de squash en categorías masculina e feminina, nas pistas de Balaídos, porta 18. O club organizador, o Vigo Squash, contará coa participación de trinta e un xogadores.

 

vigo_squash_junio_13Esta fin de semana, nas instalacións de Balaídos, disputouse o II Campionato Cidade de Vigo - Copa de España Absoluta de Squash coa participación de case un centenar de xogadores vidos de toda España e ao que tamén acudiron os mellores xogadores portugueses. O campionato foi un verdadeiro éxito, tanto pola participación, coma polo nivel dos participantes.

 

Cio_Vigo_SquashNas instalacións do Tippi Park, en Santa Cristina de Haro (Girona), celebrouse a pasada fin de semana o Campionato de Europa Sub 15 Sub 17 de squash. O dobre campión de España, o vigués Cio García Barderas, xogador do Vigo Squash, ía en principio a completar á selección española Sub 15 (Cio cumpriu 13 hai uns días) e a adquirir experiencia para próximas citas, pero interveu moi activamente con varias participacións na consecución para España do noveno posto no europeo, despois de derrotar o último día ao holandés Anthony Schwab polo tenteo de 3/0(11-7;11-2;11-1).