Colaboradores

Logotipo Club Patín Vagalume
Club Patín Vagalume
Presidente:  Miguel Quereizaeta Costas
Oficina:  R/Aragón, 202 - 4º C 36207 Vigo
Telefono:  649 292 920
Email:  osiris809@hotmail.com

manel trofeo patinaxeO I Trofeo Internacional Concello de‪ ‎Vigo‬ de grupos show, unha aposta do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para dar maior contido á‪ patinaxe‬ artística local, modalidade estrela do programa de escolas deportivas, coroou ao ‪‎Carpa‬ Grupo Viqueira.

 

cartel showMañá sábado, a partir das 16:00 h., dará comezo o I Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, na pista central do Pavillón de Travesas. Hoxe venres, ás 16:20 horas, comezan os adestramentos dos e das patinadoras. 

 

manel vagalumeVigo impulsa unha nova acción para deportes do programa municipal de escolas deportivas. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou onte a primeira edición do Trofeo Concello de Vigo de grupos show, unha modalidade de gran aceptación e que enche sempre As Travesas.

 

manel vagalume 2016O presidente de VIDE, Manel Fernández, reuniuse cos responsables do Club Vagalume de patinaxe artística para tratar sobre un evento de carácter internacional que contará co patrocinio municipal. Na reunión, moi satisfactoria, analizouse a calidade do evento e os vindeiros pasos a dar para a súa promoción.

 

patinA semana pasada celebrouse na localidade francesa de Hettange-Grande unha nova edición do Open Internacional de Danza, coa participación das patinadoras viguesas do Club Patín Vagalume Celtamotor, Blanca Fandiño e Paloma Fernández. Formaron parte da delegación española que obtivo esta vez resultados históricos, cun ouro en categoría alevín para a patinadora de na Ainhoa Ángel.

 

patinDurante esta semana terá lugar na localidade francesa de Hettange-Grande o Vixésimo terceiro Open Internacional de Danza, coa participación de patinadores dun total de 8 países europeos. A delegación española inclúe esta vez a dúas patinadoras viguesas do Club Patín Vagalume, Paloma Fernández en categoría Alevín, e Blanca Fandiño en categoría Junior.

 

O pavillón de Bouzas recibe este sábado o Galego de patinaxe, modalidade de Solo Dance, baixo a organización do Patín Vagalume e co patrocinio do Concello de Vigo. Con adestramentos dende as 10:00 horas, o programa de competición iniciarase ás 18:00 horas, cunha quincena de participantes de 10 a 18 anos chegados de toda a comunidade autónoma.

 

20150304 patin vagalumeA pasada fin de semana celebrouse en Vizcaya o II Trofeo Internacional de Patinaxe Artístico Sobre Rodas Cidade de Getxo, con participación de patinadores de España, Francia, Italia e Eslovenia. A organización correu a cargo do Club Patinaxe Show Getxo, que fixo un excelente traballo facendo sentirse como na casa a todos os participantes.

 

Manel_ShowO pavillón do Berbés acolleu esta fin de semana a décima edición da Copa Galega de Grupos de Show de patinaxe artística sobre rodas, organizado polo club vigués Patín Vagalume, coa presenza de máis de 200 patinadores pertencentes a 14 clubs das provincias de Pontevedra e A Coruña e o apoio do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O campionato foi un éxito de público, completándose o auditorio de 400 persoas que seguiron con grande interese as evolucións dos patinadores sobre a pista.

 

vagalumeA pasada fin de semana tivo lugar o XI Trofeo Internacional Concello de Moaña, organizado polo Club Ánfora, ao que o Club Patín Vagalume tivo a honra de ser invitado un ano máis. A competición tivo lugar o sábado, pero o Club anfitrión acolleu os participantes xa dende o venres ata o domingo, encargándose como cada ano de comidas e aloxamento.

 

patin_medallaA delegación galega no Campionato de España Infantil de Patinaxe Artístico sobre rodas regresa cunha medalla de bronce, a satisfacción por unha magnífica actuación, e a sensación de que se podía obter un pouco máis. En categoría masculina, o representante do Club Patín Vagalume, Javier Martínez García-Picher, alcanzou o podio tras unha magnífica actuación no programa longo.

 

patin_vagalume_covelo_2013O pasado día 5 de outubro celebrouse en Covelo a IV edición do Trofeo Cruceiro de covelo, organizado polo club local. Contou coa participación de patinadores chegados de distintos puntos da xeografía española e galega. Así houbo participantes procedentes de Santander (Clubs Astillero e Bezana), Asturias (Club Langreo), Burgos (Club Mateo Escagedo), e Tenerife (Club Fayna). En canto aos clubs galegos, participaron ademais do organizador Club Covelo, o  Patín Vagalume, os clubs Febello, Compostela e Porriño.

 

patin_vagalumeA representación viguesa que acudiu ao Torneo regresa moi satisfeita da experiencia. Nesta primeira participación dos representantes galegos en torneos nacionais de Solo Dance, tratábase principalmente de aprender dos equipos e patinadores que xa hai anos que veñen practicándoa. Os primeiros postos foron monopolizados polos representantes andaluces, pioneiros na introdución desta especialidade en España, e actualmente os referentes para todo o resto.

 

patin_vagalume_femOs días 23 e 24 celébrase o I Trofeo Nacional Cidade de Fuengirola de patinaxe artística sobre rodas na modalidade de Solo Dance, organizado polo Club El Tejar. Participan deportistas de toda España, incluíndo unha representación galega formada polos patinadores do Club Patín Vagalume, Blanca FandiñoÁngel Pidal. O Trofeo é clasificatorio para as competicións internacionais.

 

triniO Patín Vagalume, equipo do programa Siareiros Club, perde para a competición á súa patinadora Trini. Dende o club vigués quérese reflexionar sobre a súa marcha e tamén sobre o pasado Día do Patín.

 

374patinvagalumefebreiro2011Durante a fin de semana varios patinadores do Club Patín Vagalume viaxaron a Jerez de los Caballeros, en Badajoz, para participar no II Trofeo Nacional de Patinaxe, organizada por Patinox, o Club Patín Xerez co apoio da Federación Extremeña, o Concello Local, o Club de Patinaxe de Badajoz, o Hóckey Club Artístico de Zafra e patrocinando a consellaría dos Novos e do Deporte, así como distintas empresas e entidades.

 

O pasado 31 de Xullo celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego das Categorías Alevín e Infantil. O Club Patín Vagalume estivo representado por Javier Martínez García-Picher, na categoría Alevín e Himar Quereizaeta Bahamonde, na categoría Infantil.

 

O vindeiro 21 de novembro o Club Patin Vagalume organizará o CAMPIONATO PROVINCIAL DE NIVEIS DE PATINAXE ARTISTICA. Para este Club,  relativamente novo pero cunha gran traxectoría profesional, é o seu primeiro  campeonato, polo tanto organizouse con moita ilusión por parte de todolos integrantes, cativos, nenos e nenas, pais e nais, todos eles colaborarán unidos este día para intentar que sexa un campeonato  no que participan 21 patinadores/as na modalidade de figuras obrigatorias y 61 en la modalidad de libre, disfruten e compartan o patinaxe na nosa cidade.