Colaboradores

Logotipo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia
Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia
Presidente:  Concepción Martíns Rivas
Oficina:  R/Mondariz, 2 36209 Vigo
Liga:  Liga EBA
Telefono:  627 516 980
Email:  baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com

seis infantilO Infantil Feminino "A", Comunygal Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Feminina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de clubs infantil feminino que se celebrará en Tui e Porriño do 12 ao 18 de xuño do 2016 e na que participarán 32 equipos de toda España.

 

seis baloncestoO conxunto júnior feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión da Segunda División júnior jeminina o pasado sábado na final da competición disputada en Santiago de Compostela. O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División.

 

linco abel manelA Liga Linco (‎baloncesto‬ intercolexial), unha idea do C.B. Seis do Nadal de 2003, pechou a tempada 15/16 este venres coa clausura da competición formativa por parte do alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, e do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. No Multiusos de ‪‎Navia‬, o rexedor entregou diplomas de participación e agasallos e comprobou a calidade e cualidades desta acción tan exitosa, ademais de pechar tamén o programa de escolas.

 

manel minibasquetO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiron onte á clausura e entrega de premios do XVI Trofeo Internacional Concello de ‪‎Vigo‬ de minibásquet, no Multiusos de ‪‎Navia.

 

noa baloncesto seisNoa Comesaña, xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi convocada coa selección española U13 feminina para participar na Novena Edición do Memorial Pablo Barbadillo en Tres Cantos (Madrid) os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2016.

 

baloncesto seisComunygal Administradores de Fincas convertese na presente tempada 2015/2016 en novo Colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Comunygal nace en Vigo en marzo do 2008 co obxectivo de aportar a profesionalidade, experiencia e coñecementos dos seus socios fundadores á Xestión das Comunidades de Propietarios.

 

Manel Seis do Nadal 29.01.16Comeza hoxe venres a Liga Linco Concello de Vigo de baloncesto escolar organizada polo C.B. Seis do Nadal, desenvolverase todos os venres pola tarde, en horarios do programa municipal de escolas deportivas, coa presenza de xogadores de sete centros de ensino da cidade e tres escolas deportivas. Unha representación do club acudiu a presentar o cartel ao presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que esta tarde asistirá á xornada inaugural desta iniciativa que entrou na súa décima edición.

 

Manel seisNunha fin de semana enchida de actividade deportiva, o presidente da Fundación VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiu á presentación do Baloncesto Seis do Nadal no Multiúsos de Navia, ademais de apoiar a carreira solidaria de Érguete, o partido amigable Sárdoma-El Olivo de fútbol feminino ou o Memorial Belarmino Alonso de campo a través.

 

seis concelloO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantiveron o pasado mércores polo serán unha reunión coa directiva do Baloncesto Seis do Nadal para coñecer polo miúdo as necesidades do clube cara a tempada 2015/16.

 

seis infantilO conxunto Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, conseguiu a pasada fin de semana a clasificación para disputar a Liga Primeira División Infantil Feminina durante a presente tempada 2015/2016.

 

noaA Área Deportiva da Federación Española de Baloncesto convocou a Noa Comesaña, xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, para a Selección de Formación U13 Feminina que se concentrará este verán do 31 de xullo ao 2 de agosto en Guadalajara.

 

infantil seisO equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira, proclamouse Subcampión Galego da súa categoría na Fase Final da Liga FGB disputada en A Estrada no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

 

lincoO pasado venres tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2014/2015 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO CLASS'15, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dentro do programa municipal de Escolas Deportivas. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal, o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

 

giraldoO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado venres a xornada feminina da 15ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet Concello de Vigo 2015, unha cita anual do club vigués coas categorías inferiores que se celebrou nas pistas do pavillón municipal de Navia.

 

IMG_1420rO pasado sábado 11 de outubro do 2014 o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia participou na actividade "Básket Solidario" organizada por Cooperación Internacional. Dita actividade á que foi convidada a entidade viguesa consistiu na disputa dun partido no Centro Penitenciario A Lama.

 

XornadasPromocionCelsoEmilioFerreiro-3BEdPrimariaO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a primeira semana do mes de outubro a terceira edición do Torneo 3x3 Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia.

 

seisHoxe comeza a cuarta edición do exitoso Torneo de Baloncesto 3x3, organizado polo Seis do Nadal Coia, nas pistas do Colexio. O Torneo 3x3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos hoxe en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será mañá sábado ao longo de todo o día.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza mañá a Segunda Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia. Un total de 24 equipos de categoría benxamín e procedentes das delegacións de Vigo e Arousa participarán no II Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2013/2014.

 

seis_nadalO equipo infantil masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que participaba na Liga 1ª División Infantil Masculino, conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs que se celebrará en Cambados do 15 ao 21 de xuño, e no que participarán 32 equipos de toda España.

 

clausura_seis_do_nadalO pasado venres tivo lugar a xornada de clausura da presente tempada das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Linorsa 14, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dentro do programa municipal de Escolas Deportivas.