Colaboradores

Logotipo As Rodas Patinaxe Artístico de Vigo (C.A.R.P.A.)
As Rodas Patinaxe Artístico de Vigo (C.A.R.P.A.)
Presidente:  Mercedes Covelo Gallego
Oficina:  R/Marín, 17 - 3º D 36209 Vigo
Telefono:  608444779
Email:  carpapatin@icloud.es

manel patinaxeEspectacular a exhibición das escolas de patinaxe do ‪‎Carpa‬ Grupo Viqueira, no peche do curso 2015/16 do programa municipal no pavillón de Bouzas. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes de ‪‎Vigo‬, Manel Fernández, aplaudiu o traballo da entidade.

 

carpa santiagoEsta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Restollal en Santiago de Compostela, organizado polo Club Patinaxe Compostela, o Campionato Galego de patinaxe de cadete a senior. O Carpa-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:

 

manel trofeo patinaxeO I Trofeo Internacional Concello de‪ ‎Vigo‬ de grupos show, unha aposta do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para dar maior contido á‪ patinaxe‬ artística local, modalidade estrela do programa de escolas deportivas, coroou ao ‪‎Carpa‬ Grupo Viqueira.

 

carpaA pasada fin de semana tivo lugar o XV Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show, na localidade barcelonesa de Vilanova, onde o club vigués Carpa-Viqueira obtivo a 5ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Naugrafos en terra". Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.

 

carpaO pasado sábado en Santiago e organizado polo club Campus Stellae, tivo lugar o Campionato Galego de Show nas modalidades de xuvenil e cuarteto, no que o CARPA-Viqueira obtivo unha terceira posición na modalidade de Xuvenil coa coreografía "Glamour Vintage" e un primeiro posto na de Cuarteto coa coreografía "Paixón gotan". Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, amosouse moi contento co resultado do club adherido ao Programa Siareiros base da Fundación.

 

cto grupos showO Carpa Grupo Viqueira de Vigo, co tema "Náufragos en terra" en grupos grandes, e o CPA Gondomar en grupos pequenos presentando "a Miña realidade" proclamáronse o sábado campións de Galicia de patinaxe artística nun pavillón de As Travesas que rexistrou uns 2.500 afeccionados nas súas bancadas.

 

Data e lugar: Xuño 2015 - Pavillón do Carme (Vigo)

Comezo do curso: Luns, 1 de xuño.

Remate: Luns, 29 xuño.

Días e horarios: Luns e mércores 20 h. a 21 h. Grupo inciciación.

Luns e mércores 21 h. a 22 h. Grupo avanzados.

Confirmar praza: Teléfono 608 444 779 e-mail: carpapatin@icloud.com

Importe e pago: 45 € Ingresar en Abanca nº cta. ES58 2080 5000 65 3040182130. Indicar o nome do alumn@ e grupo no que se inscribe. Entregar resgardo de pagamento o primeiro día de clase.

Organiza: Club As Rodas Patinaxe Artística. C.A.R.P.A. - Viqueira. Colabora: Concello de Vigo - Instituto Municipal dos Deportes.

 

carpaEsta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Carmen, organizado por o CARPA-Viqueira, o Campionato Autonómico de cadete a Senior de patinaxe na categoría de libre e de Benxamín a Senior na de figuras obrigatorias. O CARPA-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:

 

O Carpa Grupo Viqueira organiza no pavillón do Carme, no complexo deportivo das Travesas, o Galego de categoría cadete a senior (sábado 23), cuxos adestramentos comezarán ás 10:00 horas para dar paso á competición ás 10:50. O evento, patrocinado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, recibirá a uns corenta deportistas en idade cadete, xuvenil, junior e senior de catorce clubs de toda Galicia.

 

20140418 carpaO pasado sábado tivo lugar a 13ª edición da Copa Galega de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Ourela,  que tivo lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, onde o CARPA-VIQUEIRA obtivo a 1º posición en todas as modalidades nas que participou, show grandes, pequeno e cuartetos.

 

O 20150415 carpaCARPA-Viqueira participou no Trofeo Xunta Pontevedra, organizado polo club CPA Gondomar, a pasada fin de semana. Os cinco patinadores que tomaron parte obtiveron excelentes posicións. En infantil feminino, Laura Bouzo foi 3ª, en cadete masculino, Javier Matinez 1º e Pablo Fernández 3ª, en cadete feminino,  Maria Gil foi 10ª e xuvenil feminino, Laura Rolán foi 3ª.

 

20150310 carpaEsta pasada fin de semana tivo lugar en Zaragoza no Pavillón Príncipe Felipe, o XIV Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show. O CARPA-Viqueira, obtivo a 6ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Inseparables" e a 10ª en Grupo Pequeno con "Ondas do Mar de Vigo".

 

carpaA pasada fin de semana tivo lugar en Covelo, organizado polo Covelo P.A, o XXII Campionato de España na categoría de xuvenil de patinaxe artística.

 

Manel_ShowO pavillón do Berbés acolleu esta fin de semana a décima edición da Copa Galega de Grupos de Show de patinaxe artística sobre rodas, organizado polo club vigués Patín Vagalume, coa presenza de máis de 200 patinadores pertencentes a 14 clubs das provincias de Pontevedra e A Coruña e o apoio do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O campionato foi un éxito de público, completándose o auditorio de 400 persoas que seguiron con grande interese as evolucións dos patinadores sobre a pista.

 

carpaEsta pasada fin de semana, organizado polo Club Deportivo Fontiñas, tivo lugar, en Santiago de Compostela, o XIII Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show. O CARPA-Grupo Viqueira, obtivo a 5ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Alta Traizon" e a 14 en Grupo Pequeno "Soio foi un sono".

 

CARTELO CARPA-Grupo Viqueira consegue dous podios no XIII Campionato Galego de Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas, celebrado a pasada fin de semana no Pavillón deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela. Os/as vigueses/as foron campións en grupos grandes e terceiros en grupos pequenos.

 
O Club C.A.R.P.A. Grupo Viqueira de patinaxe artístico foi o gran triunfador da Copa Galega de Show, que tivo lugar o pasado fin de semana en Redondela. A Competición foi organizada polo club redondelano Bolboreta. Tanto na categoría de grupos grandes, coma a de pequenos, o club vigués non tivo rival mostrando un gran nivel.
 

A pasada fin de semana, na localidade francesa de Anglet, o Carpa Grupo Viqueira de patinaxe artístico participou no International Group Competition conseguindo a primeira posición en grupos grandes de show e a segunda posición en grupos pequenos da misma modalidade. 

 

campionatocarpaO club Carpa-Grupo Viqueira foi designado pola Federación Galega de Patinaxe para organizar o X Campionato de Galicia de grupos show de patinaxe artística.