Colaboradores
| Agrupación Deportiva Vigo |
|
|
|
|
Rúa Cesáreo González, s/n (nas oficinas da Fundación Vide - Pavillón I.M.D.) 36210 Vigo Horario: De luns a xoves de 17.30h. a 20.30h. Vigo en xogo, un torneo recreativo para preto de 4.000 deportistas Vigo, unha das cidades que máis deportistas non federados move, ten no concepto e “marca” Vigo en Xogo o seu principal referente de competición recreativa. Este campionato apoiado polo Concello dende os anos 80 (chamábanse os Vigoxogos), pasou a chamarse Vigo en Xogo en 2001, no mandato municipal no que Santiago Domínguez Olveira (BNG) era concelleiro de Deportes. Os torneos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto contan cunha cifra de licencias recreativas espectacular: uns 4.800 deportistas practican deporte con Vigo en Xogo cada fin de semana. Na tempada 2007/2008 foron 315 os equipos (165 de fútbol 7, 120 de fútbol sala e 30 de baloncesto), fronte aos 320 da liga 2008/2009 (167 equipos corresponden a fútbol 7, 121 a fútbol sala e 32 a baloncesto). Ao longo da tempada empréganse diversas instalacións deportivas, municpales ou privadas, como os pavillóns das Travesas, Balaídos, Bembrive, Monte da Mina, Calvario, Teis, O Berbés ou Sárdoma, así como os campos de fútbol de Travesas, Samil, Universidade de Vigo, Sárdoma, Alcabre e Candeán, entre outros. A Agrupación Deportiva Vigo, entidade que coordina en Vigo e Redondela o deporte en idade escolar, é a encargada de Vigo en Xogo. Utiliza como sede as instalacións da Fundación VIDE no IMD polo serán e organiza tamén o Cidade de Vigo de fútbol 7.
|


































