• 1
  • 2
  • 3

VIDE asina dúas renovacións de patrocinio e dá entrada a Telepizza e Unidental no panel de empresas que están a prol do deporte

VIDE asina dúas renovacións de patrocinio e dá entrada a Telepizza e Unidental no panel de empresas que están a prol do deporte

20 Outubro 2017

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinou catro patrocinios para a Fundación Vigo en Deporte (VIDE), dous deles renovacións de acordos e outros tantos novas incorporacións ao grupo de empresas colaboradoras coa fundación que preside o edil de Deportes.

Ler máis...

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

04 Agosto 2017

O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante. O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros. Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...
IMG 8979webÁ terceira intentona este ano o vigués Gonzalo Basconcelo (Real Club Celta) sumou o seu primeiro triunfo no Circuíto Run Run Vigo 2017 ao impoñerse cun tempo de 23:24 minutos na Nocturna de San Xoán, a proba pedestre máis tradicional das puntuables para o circuíto municipal pois data de 1984.
 

 
Presentación BandeiraO concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, presentou este venres a XXV Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 18 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal. Dez tripulacións de toda Galicia e unha de Asturias (Castropol) pelexarán polo triunfo.
 

 

f7A selección de fútbol 7 do Campionato de Vigo en Xogo está dende onte na localidade de Puertollano (Cidade Real) para disputar a decimoterceira edición do Campionato de España de F7, baixo a organización da Asociación Nacional de Fútbol 7, á que Vigo pertence.

Vintecatro equipos de todo o país xogan o torneo, que ademais este ano engadiu competición de veteráns. 

 
IMG 6924webO alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o bandeirazo de saída á Vigo Cup 2017, que este ano terá "dous apartados distintos porque incorpora o fútbol sala ao fútbol e fútbol 7", explicou o rexedor na rolda de prensa de presentación. 
 
O torneo de fútbol sala celebrarase do 26 de xuño ao 2 de xullo e o de fútbol e fútbol 7, do 3 ao 9 de xullo. "Serán dúas semanas do mellor deporte no maior evento deportivo de Galicia e, posiblemente, de España", sostivo.
 

 
LOGO VIGO CUP FUTSAL 01Xuño e xullo van ser dous meses estrela para a Fundación Vigo en Deporte, que oferta tres campamentos deportivos e dous torneos internacionais.