Candeán acolle o Nacional de loita Kuzushi

Imprimir

cartel loita noticiaMañá sábado, o pavillón municipal de Candeán en Vigo, acollerá o 26º Trofeo Nacional de Loita Kuzushi, en xornada de tarde, dende as 16:30 ata as 19:30 horas, patrocinado polo Concello de Vigo. O Club de Loita Kuzushi de Vigo, dirixido polo deportista Olímpico en Seúl 1988 Alfredo Marcuño Martínez, organiza a 26º edición do seu prestixioso torneo, o que acudirán varios equipos de toda España.

Esta competición está pensada para a promoción das categorías base e para a preparación dos deportistas da categoría absoluta de cara as vindeiras citas internacionais.