Cabecera Vide

Travesas recibe o Campionato Galego de ximnasia acrobática

clausura flic flacO pavillón central das Travesas recibe o sábado 30 o Galego de ximnasia acrobática, organizado pola Federación Galega de Ximnasia e co patrocinio do Concello de Vigo, que cede a instalación de forma gratuíta. Catro clubs da comunidade autónoma (o vigués Flic Flac e o Treboada, o Ximnasia Pontevedra e o Club Escola Burgas) competirán nunha xornada única con dúas sesións, de mañá (10:30) e de tarde (16:30).