Cabecera Vide

Manel Fernández recibe a representantes da AVA e ao Club de Remo Coruxo

manel reunionO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu hai uns días a representantes da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) e do Club de Remo Coruxo. O club atlético organiza o I Circuíto Concello de Vigo de pista en Balaídos, as tradicionais series municipais.

E a entidade de remo a Bandeira Concello de Vigo de traiñas en verán no Vao.

Pois ben, co AVA o edil de Deportes firmou o convenio de colaboración que ratifica a organización do circuíto de pista, mentres que ao Coruxo lle entregou equipacións para o seu primeiro equipo de remeiros.

A quinta xornada do atletismo de pista terá lugar o 15 de maio en Balaídos.