Os vigueses Sara Viéitez e Sergio Turkan, ouro no Nacional sub-23 de loitas olímpicas

Imprimir

Loita Nacional sub 23Sara Viéitez e Sergio Turkan proclamáronse campións de España sub-23 de loitas olímpicas na localidade murciana de San Javier a pasada fin de semana. Sara, do Club de Loita San Ignacio, foi medalla de ouro na categoría 54 kgs. E Sergio, alzouse tamén na primeira posición na categoría 70 kgs. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, felicitou aos novos deportistas polo seu excelente resultado no campionato. O próximo día 15, San Javier acollerá o Nacional sénior e cadete.