Sárdoma-El Olivo, a prol da campaña "cada neno, un xoguete"

un neno un xogueteOs equipos de fútbol feminino do Sárdoma e da FPR El Olivo, do grupo 1 da 2ª División, xogan o domingo 29 un encontro de carácter amigable a prol da campaña "Cada neno, un xoguete", iniciada no ano 2010 e que ten carácter local. O partido está previsto para as 12:15 horas no campo das Relfas, en Sárdoma. A entrada será un xoguete ou tres euros. O evento está organizado pola Asociación Stop e Iniciativa Local e conta patrocinio do Concello de Vigo.