Manel Fernández di que o Desafío Boot Camp Race, que se celebra este sábado na contorna de Samil, "vén para quedar"

Imprimir

1443711503ManelO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou onte a carreira de running e obstáculos que se desenvolve este sábado día 3 de outubro na cidade e que pon a proba distintas destrezas dos participantes. É a primeira carreira destas características que inclúe a praia como escenario e suma xa arredor de 1.100 persoas inscritas.

O edil, felicitou onte á organización do Desafío Boot Camp Race e animouna para "dar continuidade" a esta proba, que mañá se vai disputar na contorna de Samil a partir das 11:00 horas da mañá.

"O Concello de Vigo apoia todos os eventos que se celebran na cidade e alédase de que a iniciativa das entidades teña continuidade". O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes dixo estar "satisfeito" pois "esta proba chegou para quedarse", subliñou, tras coñecer o éxito de inscrición, en torno a uns 1.100 participantes, 900 deles nas probas sénior.

O Desafío Boot Camp Race é unha carreira que engade ao running outros esforzos e así os deportistas deberán sortear ata 21 obstáculos en función da proba elixida (Elite, daredevil ou equipos), ben reptando, escalando ou ascendendo.

A carreira, primeira en España que terá tamén a praia como escenario, dispútase nun tramo de entre 4 e 6 quilómetros segundo a categoría por area, asfalto e terra e a ela acoden inscritos de Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León e Portugal "que xa nos preguntaron cando é a próxima edición".

Unha das curiosidades deste evento xorde da posibilidade de substituír os obstáculos, se o atleta non é capaz de superalos, por "burpees", é dicir, unha serie de exercicios de crossfit.