Cabecera Vide

Manel Fernández anima aos maiores a que practiquen actividade física como unha acción saudable

deporte maioresO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou o pasado mércores aos inscritos no programa de Deporte para persoas maiores a que "continúen coa actividade física saudable". En número superior a trinta persoas, os participantes nesta primeira clase do curso saíron do complexo deportivo das Travesas para realizar unha senda urbana, unha camiñada que os levaría ata Sárdoma.

O edil manifestou aos inscritos o interese municipal neste programa exclusivo da Concellería de Deportes. Tras felicitar a todos os participantes, o grupo fíxose unha foto de familia como inicio do curso deportivo 2015/16.