Cabecera Vide

Ángel Iglesias, un zurdo prometedor para o Academia Octavio

S.D Octavio Vigo comunica a incorporación para a tempada 2015-2016 de Ángel Iglesias Castro (A Coruña, 1994). O extremo dereito, de 1,80 m e 70 kg, chega procedente do Frigoríficos do Morrazo-Balonmán Cangas de ASOBAL, club no que militou as dúas últimas tempadas.

Iglesias, zurdo, chega para ser o complemento de Germán Hermida no lado dereito da pista. Hermida, pola súa banda, recibiu nas últimas horas a súa oferta de renovación para a tempada 2015-2016.

O coruñés, formado nas categorías base do O.A.R Coruña, conta cunha importante traxectoria na selección autonómica e nacional, progreso truncado na tempada 2012-2013 por unha grave lesión de menisco, xogando apenas esa campaña.

Na tempada 2008-2009 participou co combinado nacional na Copa Latina celebrada en Portugal, chamada que se repetiría ao ano seguinte por parte da selección promesas. Xunto a esta convocatoria, na tempada 2009-2010, Iglesias lograron co seu club o Campionato Galego e coa selección autonómica o título de Campión de España.

Tras a lesión de menisco sufrida na tempada 2012-2013, ao ano seguinte o extremo dereito debutou en ASOBAL co Frigoríficos do Morrazo, equipo co que logrou este último ano a clasificación para competir en Europa. Ademais, coa selección júnior, logrou o billete para participar no Mundial de Brasil que se está a disputar nestas datas.

Iglesias, técnico en actividades físicas e actividades deportivas, estuda actualmente Fisioterapia, destacou que "a miña fichaxe polo Octavio me axuda a compaxinar os estudios universitarios co balonmán". O mozo zurdo, aínda que se mostrou "moi contento", confesou que "necesito volver coller a confianza en min mesmo como xogador e gozar de máis minutos". Por outro lado, sinalou que "o Octavio ten un equipo novo" con ilusión e seguro que Jabato nos fará traballar moito".

Pola súa parte, Javier Fernández 'Jabato', quen terá ás súas ordes a Ángel esta tempada, destacou do xogador que "é moi rápido e ten boa finalización. Ademais, pode axudar tamén no lateral dereito, o que dános máis alternancias e variacións no xogo". Iglesias, quen xa coñece a moitos dos seus novos compañeiros ao coincidir nas categorías inferiores da selección galega, era un obxectivo claro do club: "Xa nos interesou o verán pasado, pero aínda tiña contrato en vigor. Foi internacional xuvenil e júnior, estou moi contento coa súa incorporación".