IMG 5877webA Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.
 
O continuado éxito do campus de VIDE, que cada ano enche a fianis de xuño as 200 prazas dispoñibles, levou ao edil a presentar a varias entidades deportivas a expansión desta oferta a outros complexos deportivos municipais da cidade, sendo moi ben recibida a acción polos clubs cos que tratou.
 
Así, do 26 de xuño ao 2 de xullo (luns a venres) terá lugar o tradicional campus nas Travesas, con visita ás Cíes e un horario fantástico (9:00 a 18:00 horas), ao que se unirán nas dúas semanas seguintes dúas novas propostas: un campamento no complexo deportivo municipal da ETEA (3 ao 7 de xullo) e outro no de Samil (10 ao 14 de xullo), os dous exclusivamente matinais.
 
Para iso, o edil reuniuse en VIDE con responsables de varios clubs da cidade (Uvigo Rugby, Flic Flac, Pádel Feminino Cíes, Escola de Tenis da FGT e Club Kayak Vigo), xunto co coordinador do campus, José Luís Rial. A idea do concelleiro interesou aos directivos e agora os clubs pecharán aspectos técnicos con Rial.
 
Os campus están dirixidos a nenos e nenas de 6 a 14 anos. O campus polideportivo das Travesas terá un custo habitual de 70 euros (ou alumnado come no propio pabellón) mentres que os outros dous manexarán un prezo sensiblemente inferior.