Cabecera Vide

Manel Fernández apoiou a presentación do Trofeo Aister que se disputa na Ría de Vigo esta fin de semana

manel trofeoAisterA Ría de Vigo será escenario esta fin de semana do Trofeo Aister, regata que se disputa nas modalidades de Solitarios e A Dos e que é puntuable para o Circuíto Galego e á presentación da cal acudiu o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

Ás 11 da mañá deste sábado, un destacado elenco de regatistas da especialidade, tomarán a saída nas inmediacións da bocana de entrada ao porto deportivo de Bouzas, poñendo rumbo cara á boia de sinalización marítima de Subrido, nas proximidades de Cabo Home, para abordar o paso de Cíes pola Isla de Monte Agudo, trazando o percorrido de norte a sur respectando polo costado de babor Boeiro e a boia da Negra, próxima ás Estelas e Monteferro, sendo a súa meta o mesmo enclave que o de partida, Bouzas.

Ás 10.30 está prevista unha cea de confraternidade, para dar paso a continuación á cerimonia de entrega de premios.

En 2015, o vencedor na categoría de Solitarios foi Willy Caamaño, do Monte Real Club de Yates de Bayona, e que este ano intentará repetir a xesta a bordo do Alumisel, veleiro de lase J80 co que en datas recentes presentou o seu grande proxecto de tempada.