Cabecera Vide

Manel Fernández apoia a divertida Carreira do Entroido Concello de Vigo

Manel carreira entroidoPreto de medio millar de participantes déronse cita onte na Carreira do Entroido Concello de Vigo. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, apoiou a segunda edición desta divertida cita que encheu as rúas de Vigo de cor e ledicia.

Máis da metade dos participantes nas probas de 5 ou 10 quilómetros ían disfrazados.

Ester Navarrete gañou na categoría feminina e Lolo Penas foi o vencedor na masculina, nos 10 quilómetros. Lea Breihoit na parte feminina e Adrián Lago na masculina facíano nos 5 quilómetros.