Cabecera Vide

Manel Fernández firma o convenio de colaboración coa Federación Galega de Patinaxe

O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández e Mavés Labordeta de Arcos, delegada da Federación Galega de Patinaxe asinaron o pasado mércores o convenio para a organización das Xornadas de Tecnificación que se celebrarán o próximo mes de agosto.

Grazas a colaboración entre o Concello de Vigo e o IMD, os próximos 3, 4, 5 e 6 de agosto desenvolveanse as “Xornadas de Tecnificación”, organizadas pola Federación Galega de Patinaxe. Terán lugar na Pista Central de Travesas e no Pavillón Multiusos do Carme de Travesas.

Este convenio establécese como marco de entendemento e colaboración mutua para desenvolver unha actividade deportiva importante da nosa cidade.

A Federación Galega de Patinaxe, comprométese á organización das diversas actividades deste evento deportivo, os vindeiros 3,4,5 e 6 de agosto de 2015, nas instalación do pavillón central de Travesas do Carme, en horario de 9:00 a 12:00 e de 14:00 a 18:00 horas, así como a utilización dos espazos necesarios para a organización e loxística das actividades.