IV Carreira da cereixa

Imprimir

A Asociación de Veciños de Beade organiza este domingo 31 a cuarta edición da Carreira da Cereixa, reservada nesta oportunidade só para categorías de formación. Ata o día 28 poderán inscribirse na web de Cronotec os nenos e nenas, nacidos dende 1998 a 2009, para participar nun dos dous circuítos deseñados: de 1.500 metros para prebenxamíns (2008 e 2009) e benxamíns (de 2006 e 2007), e de 5 quilómetros para as categorías alevín (2004 e 2005), infantil (2002 e 2003), cadete (2000 e 2001) e xuvenil (1998 e 1999).

A organización previu medallas para todos os participantes, trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sorteo de agasallos tralas probas.