VII Maratón infantil Coia

Imprimir

maraton coiaO domingo 31, a Asociación de Veciños Cristo da Vitoria organiza con apoio do Concello de Vigo a sétima edición do maratón escolar, reservado a unha decena de colexios do barrio. Así, pola contorna da asociación (praza Cristo da Vitoria e rúas Baiona e A Garda) disputarase a proba ás 10:30 horas.

Para nenos dun máximo de 12 anos de idade, competirán escolares dos colexios Montesol, Celso Emilio Ferreiro, Cristo da Vitoria, Don Bosco, Emilia Pardo Bazán, Seis do Nadal, Illas Cíes, Escultor Acuña, Pintor Laxeiro e Virxe do Rocío.