Éxito organizativo, participativo e de público no Nacional e Copa de España de grupos show nas Travesas

Imprimir

showA quinta edición da Copa de España de grupos show, Campionato de España de cuartetos e xuvenís, foi todo un éxito esta fin de semana. Co patrocinio do Concello de Vigo, que estivo representado polo alcalde e varios dos seus concelleiros os dous días de competición, con especial asistencia do edil de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, presente os dous días de campionato.

As Travesas viviu a vitoria catalá no Nacional (Reus en xuvenís e o Parets en cuartetos) e o triunfo do Club Patín Olot e o Valladares vigués na Copa de España de grupos grandes e pequenos, respectivamente.

O sábado, o Reus presentou a súa coreografía titulada "Scandal" e o Olot, "En busca do destinatario". O domingo, o Valladares gañou con "Conta atrás" mentres que a vitoria en cuartetos foi para o "Preludio" do Parets.

Por quinto ano consecutivo, As Travesas viviu a maxia do patinaxe artística con éxito organizativo, de público e deportivo, ao conquistar un club vigués un dos títulos en xogo fronte ao dominio catalán.